Onde se levan?

Aos xestores autorizados e plantas de tratamento.

proceso envases

Envases lixeiros de plástico, bricks e latas

Os envases lixeiros de plastico, bricks e latas depositados no colector amarelo, recóllense de forma automatizada por camións de carga lateral. 

A descarga realízase nun Xestor Autorizado, que enviará os residuos recollidos á Planta Clasificadora de envases. Unha vez alí, os envases de plástico, bricks e latas sepáranse nas seguintes categorías, que son enviadas posteriormente á Planta de Reciclado.

  • PEAD: botellas de suavizante, lavalouzas,…
  • PET: botellas de auga, …
  • BRICKS: leite, zume,…
  • Plástico mezcla: vasos de iogurt, bandexa de alimentos,…
  • Aluminio e lata: botes de bebidas, latas de conserva,…apibus leo.

Vidro

Os envases de vidro, como as botellas, tarros, botes,… , sen ningún tipo de elemento metálico, tapa, cortiza, etc. depositados nos colectores verdes, recóllense, de forma automatizada, por camións de carga lateral. 

A descarga realízase nun Xestor Autorizado que se encargará do seu traslado ata as Plantas de Reciclado e que posteriormente transfórmanse en diferentes produtos.

camion recollida

Papel e Cartón

O papel e cartón depositado nos colectores de cor azul recóllese de forma automatizada , por camións de carga lateral, o cal transpórtase e deposítase nun recuperador (xestor autorizado), que retira todos aqueles residuos que non son papel nin cartón, clasifícao e empaqueta en fardos, transportando estes ata unha planta papeleira, que emprega dito papel recuperado para fabricar bobinas de papel reciclado, que posteriormente transfórmanse en diferentes produtos.

Pilas usadas

As pilas de botón, alcalinas, secas, recargables, pequenas baterías… depositadas nos colectores correspondentes, son recollidas por un operario cun  furgón e posteriormente transportadas a un centro de tratamento autorizado.