Onde depositalos?

Nos distintos tipos de colectores que se atopan nas denominadas “Áreas de achega” en todo o termo municipal de Vigo.

Papel e cartón

Recóllense xornais, semanarios, revistas ilustradas, libros catálogos, prospectos, correspondencia (sempre que non leve ningún tipo de plástico ou papel plastificado), cadernos e blocks de notas, papeos de ordenador e cartón procedente de caixas e embalaxes.

Envases de plástico, bricks e latas



Envases de plástico

Botes e botellas de plástico: auga, aceite, refrescos, iogures, limpiadores do fogar, cosméticos, aseo pesoal, etc.

Latas

Latas de bebida. conservas de peixe ou vexetais, alimentos infantís, etc.

Envases tipo brick

Bricks de leite, zumes, viño, etc.

Vidro

Recóllense todos os envases de vidro como botellas, tarros, botes. Sen ningún tipo de elemento metálico, tapa ou embalaxe.

Pilas usadas

Recóllense pilas de botón, alcalinas, secas, recargables, etc. Tanto nas rúas como nos establecementos que o solicitan

Aceite vexetal de uso doméstico

Recóllense aceite de orixe vexetal de uso doméstico, depositados en recipientes de plástico e ben pechados.
Non utilice bolsas nin envolva as botellas para tiralas no colector. Non utilice botes de vidro
colector aceite

Roupa e calzado

Recollida de roupa, calzado e complementos. Lembre depositalas en bolsas pechadas.