Lavado intensivo e mantemento especial de colectores de recollida selectiva.

Esta operación de lavado intensivo e mantemento especial de colectores de recollida selectiva lévase a cabo co obxecto de realizar unha limpeza en profundidade dos colectores de recollida selectivos instalados na rúa, elimiando os pequenos restos de residuos e incrustacións, pintadas, etc., que non é posible eliminar mediante o lavado “in situ”.

Esta operación consiste na sustitución dos colectores de recollida selectiva que se atopan sucios na vía pública por outros que se atopan en perfectas condicións de limpeza e mantemento.

Unha vez sustituidos os colectores de recollida selectiva sucios, estos son depositados no noso parque central e mediante o uso dun equipo hidrolimpador a presión, productos deterxentes, desengrasantes, decapantes, etc. realízase un lavado intensivo de colectores de recollida selectiva. Finalizada esta operación, procédese, se fose necesario, á reparación ou sustitución das pezas averiadas. Unha vez feito isto, o colector de recollida selectiva pasa ó almacén, onde permance ata que sexa necesario o seu uso.