Reciclar para evitar o calentamento global
Cómo se recolle?
Para realizar o servizo de recollida selectiva disponse dunha flota moderna de vehículos dotados con sistemas de última tecnoloxía.
Carga lateral
A recollida de envases lixeiros, papel-cartón e vidro, realízase mediante o baleirado mecanizado dos colectores de recollida selectiva, para o que se usa un vehículo recolector-compactador deseñado para cargar os colectores lateralmente. Para elo conta cun monitor de TV de circuito pechado integrado no camión, e un eleva colectores situado na parte lateral da caixa do camión, que permite realizar esta operación de forma totalmente automática.
Recorde que non se debe:
- Depositar residuos fora do colector, xa que este equipo está totalmente automatizado e somentes se pode recoller o que hai dentro do colector.
- Aparcar diante, nin pegado, aos colectores, xa que o equipo do vehículo de recollida non poderá acceder a eles para poder efectuar o seu baleirado/lavado.
Pilas usadas
A recollida de pilas usadas é realizada por un operario cun furgón, que sustitúe manualmente o colector cheo polo baleiro, no caso dos colectores de sobremesa dos establecementos comerciais, e os baleira no caso das áreas de achega.
Recorde que a retirada das pilas dos establecementos se realiza previa chamada telefónica.