Reciclar para evitar a emisión de substancias contaminantes ao aire
Clasificación / Reciclado
Envases de plástico
Para poder reciclar os envases lixeiros plásticos é necesario clasificalos de forma manual, nos seguintes tipos:
- Polietileto de alta densidade – PEAD; (Botellas de suavizante, champú, limpadores,…)
- Polietileno de baixa densidade – PEBD: (Bolsas e film)
- PET: (Botellas de auga, botellas de refresco, …).
- Plástico mezcla. (O resto)
Unha vez recuperados, os residuos son embalados segundo as especificacións técnicas indicadas por Ecoembes, para o seu posterior envío ás plantas de acondicionamento e reciclaxe que con anterioridade indica Ecoembes.
Utilidades dos envases plásticos recuperados.
A partir dos envases de PEAD, vólvense fabricar botellas de deterxente, tuberías, sacos,…
O PET recuperado utilízase como recheo (Fibras de Poliéster) para os sacos de durmir e anoraks, faise aro para suxeitar balas e palets, envases para produtos non alimentarios como produtos de limpeza ou de hixene corporal.
O PEBD seleccionado utilízase para fabricar novas bolsas de plástico, mobiliario urbán, valos, canalizacións,…
Latas
Os envases metálicos, xa sexan de lata ou de aluminio son seleccionados mecánicamente mediante electroimán e correntes de Foucault respectivamente.
Posteriormente prénsanse e envíanse ás plantas de acondicionamento e reciclaxe que con anterioridade indica Ecoembes.
Os fardos de lata son levados a fundición. Alí son triturados, se eliminan as súas impurezas nunha criba e convírtense en ferralla de boa calidade, materia prima indispensable para a fabricación do novo aceiro.
Existen na actualidade fornos eléctricos que producen aceiro novo só a partir de ferralla.
Unha vez obtida a bobina de lata, envíase ás diferentes fábricas de envases metálicos para que lle den a forma desexada segundo o uso que vai a ter.
O reciclado dos envases de aluminio é moi sinxelo. Unha vez separados tritúranse, compáctanse e vólvense a refundir, obtendo unha serie de placas de aluminio listas para volver a fabricar novos envases ou produtos de aluminio.
Bricks
Unha vez seleccionados na planta, ben de forma manual ou mediante un sistema de correntes de Foucault, prénsanse e envíanse ás plantas de acondicionamento e reciclaxe que con anterioridade indica Ecoembes.
O destino final destes residuos adoita ser as papeleiras que, mediante procesos de hidrapulpado conseguen separar as fibras de papel do resto, e obter pasta de papel para volver a fabricar bolsas de cartón, sacos de papel, mandriles de cartón, cartón para caixas e estoxos,… O polietileno e o aluminio adóitase empregar como fonte de enerxía para as máquinas de repulpado.
Vidro
O proceso de reciclaxe do vidro é moi sinxelo. En primeiro lugar, os botes e botellas recollidos, envíanse ás fábricas vidreiras onde se trituran e se lavan, separando ademais todos os materiais indesexados que non son vidro (tapóns, papeis, plásticos, …). Este vidro limpo, triturado e sen impurezas (chamado CALCÍN) pode introducirse no forno xunto coa mezcla de materias primas tradicionais, reducindo a cantidade destas últimas, para lograr como resultado final novos envases de vidro.
Papel e cartón
A reciclaxe de papel simplemente consiste en invertir o proceso de fabricación, humedecendo a celulosa e axitándoa de forma que as fibras se separen e poidan ser reconstruidas.
O papel e cartón recoléctanse, sepárase e, posteriormente, mestúranse con auga para ser convertidos en pulpa. Unha vez obtida a pulpa de celulosa, iníciase o acondicionamento da pasta para o proceso de fabricación, verténdoa nun aparato chamado Pulper (similar a un gran batedor). Trátase dunha gran cuba en cuxo interior encóntrase unha grande hélice onde se mestura a auga coa pasta de papel. Iníciase un proceso de refino, que lle confire a pasta unha maior resistencia e menor opacidade e porosidade. Déixase reposar a pasta un tempo e introdúcese nunha máquina que, mediante diferentes procesos de secado e prensado, a converteraa en papel. O papel fabricado enrólase en bovinas.
A fabricación de cada tipo de papel/cartón (para caixas, para xornais, para escritura, etc.) require unha materia prima distinta (madeira e/ou diferentes tipos de papel/cartón usado recuperado) e un proceso industrial diferente.
Utilidades do papel/cartón recuperado.
Utilízase para a fabricación de diversos papeis e cartóns, especialmente cartulinas, papeis, cartoncillos, papeis de Kraft, papeis de impresión ou hixiénicos, etc…
A pulpa de baixa calidade utilízase na fabricación de cartón para caixas.
Pilas usadas
As pilas depositadas nos colectores específicos, son recollidas e enviadas ao xestor autorizado para o seu tratamento correspondente.