Como colaborar?

Recorda os distintos tipos de residuos aptos para cada colectror e ten en conta os residuos que NON deben depositarse.

Envases de plástico, bricks e latas

  • Escurre ben o seu contido e procura que non teña restos orgánicos.
  • Esmaga as botellas plásticas de auga elaboradas con PET, tal e como o indica o fabricante, para reducir o seu volume.
Non depositar colector amarelo

Recorda!

No colector amarelo NON SE PODE DEPOSITAR: Xoguetes plásticos, caldeiros, mobiliario (sillas e mesas plásticas).

Vidro

  • Deposita os botes e botellas de vidro sen tapas nin tapóns.
  • Escurre ben o seu contido e procura que non conteña restos orgánicos

 

Recorda NON depositar: Bombillas, espellos, cristais de fiestras, cerámica, etc.

 

Papel e cartón

  • Deposita o papel e cartón DENTRO do colector.
  • PREGA as caixas e embalaxes antes de depositalas no colector.
  • Sempre que poidas retira todo aquelo que non é papel (espirais de libretas, grapas, plásticos,…) contribuíndo así a que a reciclaxe sexa máis fácil.

Recorda NON depositar: papel manchado con restos orgánicos (panos de papel, papel de cociña, papel de envolver alimentos frescos, etc.), cueiros e similares, envases tipo bricks, nin as bolsas de plástico que empregamos para o traslado ao colector. 

Pilas usadas

Deposita todas as pilas de uso doméstico, tanto as pilas botón como o resto, no colector da área de aportación ou nos colectores situados nos establecementos comerciais..

Roupa e calzado

Deposita a roupa, calzado e complementos en bolsas pechadas.

Aceite vexetal de uso doméstico

Recóllense aceite de orixe vexetal de uso doméstico, depositados en recipientes de plástico e ben pechados.

Queres colaborar máis co medio ambiente...

Aquí tes algunhas ideas baseadas na reducción, reutilización e consumo responsable:

  • Emprega o papel polas dúas caras, incluídas as fotocopias.
  • Emprega papel reciclado.
  • Evita mercar produtos de “usar e tirar” (vasos, pratos, panos de mesa, etc.)
  • Non consumas produtos que teñan sobreempaquetado.
  • Utiliza bolsas reutilizables para a compra.
  • Mercar produtos en recipientes grandes en vez de varias veces en recipientes pequenos.
  • Reduce a cantidade de residuos xerados.
  • Emprega pilas recargables

A mellor maneira de ter cada vez menos residuos é diminuir a súa xeración, fomentando a reducción e reutilización