Clasificación e reciclado

Procesos de reciclado nas plantas.

Envases de plástico

Para poder reciclar os envases lixeiros plásticos é necesario clasificalos de forma manual, nos seguintes tipos:

  • Os envases lixeiros de plastico, bricks e latas depositados no colector amarelo, recóllense forma automatizada por camións de carga lateral.
  • Polietileto de alta densidade – PEAD; (Botellas de suavizante, champú, limpadores,…)
  • Polietileno de baixa densidade – PEBD: (Bolsas e film)
  • PET: (Botellas de auga, botellas de refresco, …).
  • Plástico mezcla. (O resto)

 

Unha vez recuperados, os residuos son embalados segundo as especificacións técnicas indicadas por Ecoembes, para o seu posterior envío ás plantas de acondicionamento e reciclaxe que con anterioridade indica Ecoembes.

Utilidades dos envases plásticos recuperados:
A partir dos envases de PEAD, vólvense fabricar botellas de deterxente, tuberías, sacos,…
O PET recuperado utilízase como recheo (Fibras de Poliéster) para os sacos de durmir e anoraks, faise aro para suxeitar balas e palets, envases para produtos non alimentarios como produtos de limpeza ou de hixene corporal.
O PEBD seleccionado utilízase para fabricar novas bolsas de plástico, mobiliario urbán, valos, canalizacións,…

Latas

Os envases metálicos, xa sexan de lata ou de aluminio son seleccionados mecánicamente mediante electroimán e correntes de Foucault respectivamente.

Posteriormente prénsanse e envíanse ás plantas de acondicionamento e reciclaxe que con anterioridade indica Ecoembes.

Os fardos de lata son levados a fundición. Alí son triturados, se eliminan as súas impurezas nunha criba e convírtense en ferralla de boa calidade, materia prima indispensable para a fabricación do novo aceiro.Existen na actualidade fornos eléctricos que producen aceiro novo só a partir de ferralla.

Unha vez obtida a bobina de lata, envíase ás diferentes fábricas de envases metálicos para que lle den a forma desexada segundo o uso que vai a ter.

 

 

O reciclado dos envases de aluminio é moi sinxelo. Unha vez separados tritúranse, compáctanse e vólvense a refundir, obtendo unha serie de placas de aluminio listas para volver a fabricar novos envases ou produtos de aluminio.

Bricks

Unha vez seleccionados na planta, ben de forma manual ou mediante un sistema de correntes de Foucault, prénsanse e envíanse ás plantas de acondicionamento e reciclaxe que con anterioridade indica Ecoembes.

O destino final destes residuos adoita ser as papeleiras que, mediante procesos de hidrapulpado conseguen separar as fibras de papel do resto, e obter pasta de papel para volver a fabricar bolsas de cartón, sacos de papel, mandriles de cartón, cartón para caixas e estoxos,… O polietileno e o aluminio adóitase empregar como fonte de enerxía para as máquinas de repulpado.

Vidro

O proceso de reciclaxe do vidro é moi sinxelo. En primeiro lugar, os botes e botellas recollidos, envíanse ás fábricas vidreiras onde se trituran e se lavan, separando ademais todos os materiais indesexados que non son vidro (tapóns, papeis, plásticos, …). Este vidro limpo, triturado e sen impurezas (chamado CALCÍN) pode introducirse no forno xunto coa mezcla de materias primas tradicionais, reducindo a cantidade destas últimas, para lograr como resultado final novos envases de vidro.

 

Utilidades do papel/cartón recuperado.

  • Utilízase para a fabricación de diversos papeis e cartóns, especialmente cartulinas, papeis, cartoncillos, papeis de Kraft, papeis de impresión ou hixiénicos, etc…
  • A pulpa de baixa calidade utilízase na fabricación de cartón para caixas.

Papel e Cartón

O papel e cartón depositado nos colectores de cor azul recóllese de forma automatizada , por camións de carga lateral, o cal transpórtase e deposítase nun recuperador (xestor autorizado), que retira todos aqueles residuos que non son papel nin cartón, clasifícao i empaqueta en fardos, transportando estes ata una planta papeleira, que emprega dito papel recuperado pra fabricar bobinas de papel reciclado que posteriormente transfórmanse en diferentes produtos.A reciclaxe de papel simplemente consiste en invertir o proceso de fabricación, humedecendo a celulosa e axitándoa de forma que as fibras se separen e poidan ser reconstruidas.

O papel e cartón recoléctanse, sepárase e, posteriormente, mestúranse con auga para ser convertidos en pulpa. Unha vez obtida a pulpa de celulosa, iníciase o acondicionamento da pasta para o proceso de fabricación, verténdoa nun aparato chamado Pulper (similar a un gran batedor). Trátase dunha gran cuba en cuxo interior encóntrase unha grande hélice onde se mestura a auga coa pasta de papel. Iníciase un proceso de refino, que lle confire a pasta unha maior resistencia e menor opacidade e porosidade. Déixase reposar a pasta un tempo e introdúcese nunha máquina que, mediante diferentes procesos de secado e prensado, a converteraa en papel. O papel fabricado enrólase en bovinas.

A fabricación de cada tipo de papel/cartón (para caixas, para xornais, para escritura, etc.) require unha materia prima distinta (madeira e/ou diferentes tipos de papel/cartón usado recuperado) e un proceso industrial diferente.

 

Pilas usadas

As pilas depositadas nos colectores específicos, son recollidas e enviadas ao xestor autorizado para o seu tratamento correspondente