Beneficios da reciclaxe
O esforzo realizado por todos os cidadáns á hora de colaborar eficazmente coa recollida selectiva, dá como froito grandes beneficios tanto económicos como medioambientais.
Todos debemos contribuir, como consumidores, ao reciclado dos materiais que integran a nosa vida diaria. Preservar as materias primas e manter o equilibrio da natureza é unha obriga que temos que asumir para disfrutar do entorno

Latas
Por cada tonelada de aceiro usado que reciclamos, aforramos unha tonelada e media de mineral de ferro, e uns 500 quilogramos de carbón. Ademáis de un 70% de enerxía e un 40% de auga.
Ao producir aluminio a partir de ferralla existe un aforro do 95% da enerxía que se se compara coa producción a partir do mineral primario, a bauxita.
Sabías que…..?
….. reciclar unha lata de aluminio aforra a enerxía que suporía facer funcionar unha TV durante 3 horas e media, e reduce a contaminación nun 95%.
Bricks
Para un brick de un litro necesítanse 20 gr. de papel, 5.7 gr. de polietileno e 1.5 gr. de aluminio. No seu reciclado sepáranse estes compoñentes: coa celulosa resultante fabricarase papel kraft empregado en bolsas e sacos de papel; para o aluminio e polietileno hai varias técnicas, unha delas permite emplealos na creación de perfilería, bancos, tarimas, macetas,…etc… Outros métodos de reciclaxe utilizan o envase completo que, tras ser triturado en varios procesos, dá como resultado pranchas de aglomerado utilizadas en mobles e revestimentos.
Sabías que…..?
….. a reciclaxe dun envase de brick aforra o equivalente ao consumo dunha bombilla durante un ano e medio.


Vidro
O vidro é un material totalmente reciclable e non hay límite na capacidade de veces que se pode procesar a sua reciclaxe. A reciclaxe de vidro aforra un 26% da enerxía, reduce un 20% a contaminación atmosférica, e disminúe un 40% a contaminación da auga, con respecto a producción orixinal.
Sabías que…..?
…. coa enerxía que aforra a reciclaxe dunha botella poderíase manter acendida unha bombilla de 100 watios durante 4 horas.
Papel e Cartón
A reciclaxe dunha tonelada de papel supón un aforro de materias primas e unha diminución de residuos no vertedoiro.
Sabías que…..?
…. co reciclado de papel-cartón redúcense os residuos depositados nos vertedoiros e as emisión que producen.


Pilas usadas
Dende o punto de vista ambiental, son moi importantes, por conter produtos altamente nocivos e tóxicos, como mercurio, cadmio, zinc, etc. que son elementos que se acumulan nos diversos elos da cadea alimentaria, provocando problemas de saúde nos seres vivos.
Sabías que….?
… a súa toxicidade é tan elevada que unha soa pila de botón pode contaminar 600.000 litros de auga.