Reciclar significa salvar árbores

Que recollemos?






Envases de plástico, bricks e latas.

Recóllense todos os envases Iixeiros domésticos de plástico, latas e tipo bricks

  • Envases plásticos.
    • Botes e botellas de plástico: auga, aceite, refrescos, iogures, Iimpadores do fogar, cosméticos e aseo persoal…
    • Bolsas plásticas, film, envoltorios e bandexas de alimentos,…
  • Latas.
    • Latas de bebida, conservas de peixe e vexetais, alimentos infantís,…
  • Envases tipo brick.
    • Bricks de leite, zumes, viño,…

Vidro

Recóllense todos os envases de vidro como son botellas, tarros, botes,… sen ningún tipo de elemento metálico, tapa, cortiza, etc.

Papel e cartón

Recóllense xornais, semanarios e revistas ilustradas, libros, catálogos, prospectos, correspondencia (sempre que non leve ningún tipo de plástico ou papel plastificado), cadernos e blocks de notas, papeis de ordenador e cartón procedente de caixas e embalaxes.

Pilas usadas

Recóllense pilas de botón, alcalinas, secas, recargables, etc.