Reciclar para darlle unha oportunidade ao futuro de Vigo e do mundo

OUTROS SERVIZOS


Ademais de recoller os residuos reciclables, se levan a cabo os seguintes servizos:

  • Sistema de lavado, in situ dos colectores de recollida selectiva.
  • Mantemento e reposición dos colectores de recollida selectiva.

Este servizo ten por obxectivo a limpeza de todos os colectores utilizados para o conxunto de servizos de recollida de residuos reciclables.

Sendo os colectores de recollida selectiva elementos que están permanentemente instalados nas rúas, faise preciso que o seu aspecto estético sexa o máis agradable posible. Tendo en conta os residuos que van a conter, o trato a que son sometidos na súa manipulación, así como a polución e contaminación ambiental que os rodea, faise imprescindible a súa Limpeza.

O lavado interior realízase mediante a introducción automática de colectores ao habitáculo hermético dos vehículos lavacolectores con elevador lateral. O vehículo realiza un lavado automático dos colectores mediante impulsión de auga a presión xunto con deterxentes e desengraxantes adecuados que deixan o colector limpo de restos e impurezas.

O lavado exterior realízase mediante un furgón que incorpora un equipo hidrolimpador de alta presión que realiza un lavado dos colectores utilizando a impulsión de agua a presión xunto con deterxentes e desengraxantes adecuados que deixan o colector limpo de restos e impurezas.

Cóntase cun equipo de reparación que se despraza cos repostos necesarios, no caso de ser posible a reparación, ou con colectores de reemplazo se é inevitable a reparación no parque central. O servizo de mantemento repara todas as averías que se producen nos colectores, e corrixe os defectos que aparecen.