Reciclar para prolongar a vida útil dos materiais

ONDE DEPOSITALOS?



Os residuos reciclables deposítanse de forma diferenciada nos 4 tipos de colectores que se atopan ubicados nas denominadas “Áreas de Achega“, en todo o termo municipal de Vigo distribuídas aproximadamente da seguinte forma:

  • 450 na zona urbana.
  • 150 na zona rural.

Segundo o tipo de residuo que sexa, depositarase nun ou noutro colector:

Envases lixeiros de plástico, bricks e latas

amarillo_trans_400x365
Nos colectores de cor amarelo de 2.400 litros de capacidade, débense depositar todo tipo de envases lixeiros como:

  1. De plástico: botellas, tarrinas, bolsas,…etc… É o máis común dos envases, e resultan ser un gran problema nos vertedeiros xa que abultan, contaminan, e se degradan con lentitude.
  2. Latas: bebidas, conservas,…etc… nos que se soen empregar metais como o aluminio ou aceiro que necesitan  utilizar moita enerxía no seu proceso de fabricación.
  3. Bricks: leite, zumos, salsas,…etc… compostos por cartón, polietileno, e aluminio.

Esmaga e ponlle o tapón ás botellas de auga para ocupar menos espacio.

Vidro

verde_trens_400x371
Nos colectores de cor verde de 2.400 litros de capacidade, deposítanse envases de vidro tales como: botellas, tarros, vasos, xerras,…etc…

Retira as tapas e os tapóns dos botes e botellas de vidro.

Papel e cartón

azul_trans_400x367
Nos colectores de cor azul de 2.400 litros de capacidade, deposítanse: envases de cartón (caixas, bandexas,…), periódicos, revistas, propaganda,…etc… Evita depositar grapas, argolas, precintos, clips, e gomas.

Nas zonas comerciais do Calvario (zona peonil da rúa Urzáiz) e do Centro (zonas peonís das rúas Príncipe, Urzáiz e Policarpo Sanz) existen uns puntos específicos onde depositar o papel/cartón. Lembra non depositalo antes das 20:30 horas, de luns a sábado (agás festivos), sen mesturar con outros residuos. Os puntos de recollida atópanse nas zonas coloreadas de cor vermella nos planos que se indican a continuación:

cal

Principe

Prega as caixas e embalaxes para ocupar menos espazo.

Pilas usadas

pilas_trans_146x259
As pilas usadas deposítanse nos colectores tipo papeleira das áreas de achega, e nos colectores de sobremesa de establecementos comerciais, centros públicos, etc. onde existe a posibilidade de realizar este tipo de recollida selectiva.