Reciclar para reducir o consumo e o desperdicio

¿Cómo colaborar?




Envases de plástico, bricks e latas

  • Escurre ben o seu contido e procura que non teña restos orgánicos.
  • Esmaga as botellas plásticas de auga elaboradas con PET, tal e como o indica o fabricante, para reducir o seu volume.

E RECORDA!!!

prohibido_amarillo_400x400

No colector amarelo NON SE PODE DEPOSITAR:

  • Xoguetes plásticos, caldeiros, mobiliario (sillas e mesas plásticas).

Vidro

  • Deposita os botes e botellas de vidro sen tapas nin tapóns.
  • Escurre ben o seu contido e procura que non conteña restos orgánicos.

E RECORDA!!!

prohibido_verde

No colector verde NON SE PODE DEPOSITAR:

  • Bombillas.
  • Espellos.
  • Cristais de fiestras, portas, …
  • Cerámica

Papel e cartón

  • Deposita o papel e cartón DENTRO do colector.
  • PREGA as caixas e embalaxes de cartón antes de depositalas no colector azul.
  • Sempre que poidas retira todo aquelo que non é papel (espirais de libretas, grapas, plásticos,…) contribuíndo así a que a reciclaxe sexa máis fácil.

E RECORDA!!!

prohibido_azul

No colector azul NON SE PODE DEPOSITAR:

  • O papel manchado con restos orgánicos (panos de papel, papel de cociña, papel de envolver alimentos frescos, …)
  • Cueiros e similares.
  • Envases tipo bricks.
  • As bolsas de plástico que empreguemos para o seu traslado ao colector.

Pilas usadas

Deposita todas as pilas de uso doméstico, tanto as pilas botón como o resto, no colector da área de aportación ou nos colectores situados nos establecementos comerciais.

Se queres ir un pouco máis aló…